CRTVG

Buscar

Alemaña inclúe España como zona de alto risco na actualización das recomendacións de viaxe

Publicado o 23/07/2021 21:40
Alemaña inclúe España como zona de alto risco na actualización das recomendacións de viaxe

Alemaña recualificou este venres España como zona de alto risco na actualización de recomendacións de viaxes ao estranxeiro. Un novo golpe ao turismo ao implicar unha corentena de dez días ao regresar ao país, ou de cinco, se o viaxeiro presenta unha PCR negativa. Quedan exentos desta medida os que teñan o certificado de vacinación completa ou quen acredite ter pasado a enfermidade. A norma entrará en vigor o vindeiro martes.

Noticias web

23/07/2021