CRTVG

Buscar

Alemaña e Francia, fóra da Eurocopa

Publicado o 29/06/2021 21:58

• Suiza será a rival de España en cuartos tras vencer aos galos nos penaltis

Esta Eurocopa está deixando grandes sorpresas e fitos históricos, como o acontecido esta tarde. Inglaterra vence a Alemaña nunha eliminatoria oficial despois de 65 anos e deixa fóra do torneo unha das grandes favoritas.

Os británicos tiñan a hsitoria en contra, pero a favor estaban os 45.000 espectadores do estadio de Wembley. Aínda así, o partido cumpriu o primeiro tempo sen ocasións. O goles chegaron no cuarto de hora final. No 75 Stearling finaliza unha boa combinación dos ingleses. Non hai fóra de xogo.

Once minutos despois, nunha xogada moi parecida, Harry Kane anota o segundo de cabeza. Poñía fin así á súa seca goleadora nesta Eurocopa. Inglatera pasa a cuartos e agarda rival do partido entre Suecia e Ucraína. Non se cumpriu aquel famoso dito de Gary Lineker de que o fútbol é un deporte en que xogan once contra once e sempre gaña Alemaña. Desta volta, non. Por certo, do grupo da morte, xa non queda ningún equipo en competición.

Suíza, rival de España tras vencer a Francia

O venres en San Petersburgo España cítase con Suiza, que deu a gran sopresa destes oitavos de final ao tombar a Francia. A campioa do Mundo caeu ao fallar Mbappé o penalti decisivo. O meta suizo Sommer detívolle o disparo ó futbolista máis cotizado do momento. No tempo de xogo Francia empezou perdendo pero remontou e chegou a poñerse 1-3, pero Suiza marcou dous goles nos últimos dez minutos e mandou o partido á prórroga. O adestrador Vlado Petkovic recibiu en plena conferencia de prensa a felicitación do MVP do partido, o seu centrocampista Xhaka, que lle regalou o seu trofeo. Suíza non xoga uns cuartos de final desde o Mundial que organizou en 1954.

 

Noticias web

29/06/2021