CRTVG

Buscar

Alegría aposta por unha ensinanza presencial total para o vindeiro curso

Publicado o 09/08/2021 11:25

Dentro dun mes retómase o curso escolar. A ministra de Educación asegura que as aulas serán sitios seguros e aposta polo ensino totalmente presencial.

"Todos os estudos e informes fálannos do importante que é garantir esa presencialidade de todos os nosos estudantes e é a nosa aposta en todas as etapas. A mensaxe para o inicio deste curso escolar é de tranquilidade e de seguridade", asegurou Pilar Alegría.

Noticias web

09/08/2021