CRTVG

Buscar

Alcoa San Cibrao mantén as mobilizacións, preocupados polo futuro da planta de aluminio

Publicado o 25/09/2019 13:18

Os traballadores de Alcoa en San Cibrao, Lugo, manteñen as mobilizacións, preocupados polo futuro da planta de aluminio.

Nas últimas horas mantiveron unha reunión co presidente da compañía en España, quen lles trasladou a situación de incerteza en que se atopan pola falta de medidas concretas do Goberno central para abaratar o prezo da luz.

Actualmente, a electricidade representa o 40% dos custos de fabricación. Por iso, a multinacional xa empezou a apagar cubas e recortou un 11% a súa produción.

Noticias web

25/09/2019