Alcoa informa de que son catro os compradores que seguen interesados na factoría
Alcoa informou hoxe os traballadores de que son catro os compradores que seguen interesados na planta de aluminio primario da Mariña de Lugo. O resto dos que se presentaron non deron polo momento ningún paso. Onte a ministra anunciou que vai viaxar a Estados Unidos para desbloquear a venda.
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, aludiu con escepticismo á viaxe anunciada pola ministra de Industria e pediu unha maior implicación do Goberno central no proceso para asegurar a venda da factoría.
"Esta viaxe a Pittsburgh foi a mesma proposta que a ministra trasladou no ano 2018 con Alu Ibérica e lamentablemente esa viaxe nunca se produciu. Parece que o Goberno quere cometer os mesmos erros. Necesitamos que haxa unha determinación por parte do Goberno se realmente quere tutelar o proceso de venda de Alcoa", dixo Conde.