Alcoa fará efectivos mañá os 686 despedimentos anunciados se non hai acordo
Publicado o 14/01/2019 08:46
A multinacional descarta conceder máis prórrogas. Os traballadores mobilízanse para esixir a intervención do Goberno
Conta atrás nas negociacións sobre o futuro de Alcoa. A multinacional fará efectivos mañá os 686 despedimentos anunciados se non se chega a acordo; descarta dar máis prórrogas. Os sindicatos rexeitan a última proposta: manter douscentos empregos e deixar operativas as fundicións das plantas. Para o resto do persoal Alcoa aplicaría un ERE temporal ata xuño, á espera dun posible comprador.
Os traballadores mobilizáronse para esixir a intervención do Goberno, miles de persoas marcharon na Coruña e Avilés. Hoxe retómanse as conversas, cando faltan horas para a fin do prazo marcado pola multinacional.