Alcoa e a SEPI inician as negociacións para a venda da planta de aluminio de San Cibrao
Publicado o 04/02/2021 14:59

Alcoa inicia negociacións coa SEPI para a venda da planta de aluminio primairo de San Cibrao. O comité de empresa recibiu unha comunicación da multinacional hoxe mesmo na que, ademais, a multinacinal se compromete a convocar unha reunión multilateral para explicar a evolución do proceso de venda da planta da Mariña.
Mañá remataba o prazo pactado entre o comité e a dirección da empresa para que deran comezo as negociacións.