Alcoa acusa a Liberty de facer "demandas non razoables"
Publicado o 11/09/2020 18:48

Alcoa asegura que Liberty está a poñer en risco a venda da planta de San Cibrao. A aínda propietaria da factoría nun comunicado afirma que a compradora mantén demandas que non son razoables cando xa hai doce días que venceu o prazo para chegar a un acordo sobre as condicións xerais da venda da planta de aluminio primario. Alcoa sostén que con esta postura Liberty pon en perigo a operación. O 27 deste mes remata o prazo para pechar a venda. A data acordárona Alcoa e máis os representantes dos traballadores