CRTVG

Buscar

Alcoa acepta iniciar o proceso de venda e informa de seis posibles compradores

Publicado o 18/05/2021 17:00

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao confirmou a intención da compañía de "iniciar o proceso de venda" da fábrica de aluminio primario "coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)".

Tras manter unha xuntanza telemática coa dirección da multinacional, o presidente do órgano de representación laboral compareceu ante os medios. Segundo José Antonio Zan, Alcoa falou de seis posibles compradores para a planta situada no concello de Cervo.

Para manter a "paz social" durante un "tempo máis" e negociar as condicións xerais dese posible traspaso, a compañía comprometeuse co comité a enviarlle "a proposta" para avanzar na negociación. Porén, Zan advertiu que o persoal está disposto a agardar, pero non quere "prazos moi longos".

Para analizar e avaliar toda esta información, o comité celebrará este mércores un pleno extraordinario e unha asemblea.

Noticias web

18/05/2021