Alcoa ábrese á posibilidade de vender San Cibrao e o Goberno celebra o cambio de actitude

Alcoa abriu este venres as portas a vender a fábrica de San Cibrao no 2022 se se arranxa o problema que segundo eles supón o marco enerxético pouco competitivo en España. Tras a negativa do Goberno á compra directa pola SEPI, a dirección da empresa abriu a posibilidade de venda a terceiros. A ministra de Industria valorou positivamente o cambio de actitude e considera que achega un pouco máis o obxectivo dunha solución definitiva para a planta da Mariña.
Alcoa pediu, iso si, asinar un acordo co Goberno, coa Xunta e cos sindicatos antes do 15 de setembro, e que no prazo dun ano se poida acordar un prezo garantido da enerxía. A cambio comprométese a manter as operacións e non iniciar o ERE no caso de que o Tribunal Supremo sentencie ao seu favor antes desa data.