CRTVG

Buscar

Alcampo incorporará 110 persoas en Galicia para reforzar a campaña de Nadal

Publicado o 01/10/2019 16:52
Alcampo incorporará 110 persoas en Galicia para reforzar a campaña de Nadal

Alcampo busca 1.185 persoas en postos de reposición, venda e caixas para reforzar a campaña de Nadal 2019 nos seus hipermercados e supermercados, segundo detallou nun comunicado a empresa de distribución.

Só en Madrid, prevé a contratación de 300 persoas; en Andalucía o reforzo será de 150, en Cataluña de 125, e en Aragón e Galicia un total de 110 persoas. Tamén se require persoal na Comunidade Valenciana (80 vacantes) no País Vasco (60), en Tenerife e Castela-A Mancha (40). Ademais, en Castela e León contrataranse 35 persoas, e en Asturias, A Rioxa, nas Baleares e nas Palmas, 30; en Murcia e Navarra, os postos para cubrir serán dez.

Alcampo conta nestes momentos con 369 centros en España -62 hipermercados e 307 supermercados-, ademais de 53 gasolineiras e servizo de comercio en liña; o seu persoal ascende a 20.800 persoas.

A cadea pechou o exercicio 2018 en España cun aumento da súa facturación do 1,4 %, ata os 4.662 millóns de euros, período en que tamén abriu dez novos establecementos, segundo o seu último informe de actividade.