CRTVG

Buscar

Alcaldes de oito partidos xúntanse en contra do decreto dos remanentes

Publicado o 07/08/2020 14:57

Alcaldes de dez cidades de España e de moi distinto signo político únense en contra do decreto do Goberno para a transferencia dos seus aforros. O decreto conta co aval da Federación Española de Municipios e Provincias, pero o certo é que saíu adiante só co apoio do PSOE, e grazas ao voto de calidade do seu presidente, Abel Caballero.

Dende que se publicou, choven as críticas de alcaldes de todo signo. Hoxe mesmo, dez deles xuntáronse telematicamente. Son de oito partidos diferentes: polo PP, os de Zaragoza, Murcia e Madrid; o de Bilbao, do PNV; o de Lleida, de Esquerra, e o de Reus, do PDeCAT; o de Cádiz, de Podemos, e o de Granada, de Ciudadanos; o de Pontevedra, do BNG, e o de Santa Cruz de Tenerife de Coalición Canaria. E agardan que se sume tamén o de Valencia, de Compromís.

Van influír nos seus partidos para conseguir tombar o decreto cando se vote no Congreso. O Goberno ten trinta días para validalo na cámara, pero a estas horas non conta cos apoios necesarios. Para o alcalde de Zaragoza, Jorge Azcón, "hoxe o PSOE está absolutamente só, nin os seus propios socios o apoian no que pretende facer cos concellos de España".

Noticias web

07/08/2020