CRTVG

Buscar

Albés lamenta que os rivais teñan máis descanso que o Lugo na véspera de recibir ás Palmas

Publicado o 19/10/2021 21:58

Tras o valioso punto de Burgos o Lugo recibe ás Palmas, con talentos como Jessé e Jonathan Viera dispostos a sacar os seus trucos. Así os ve Rubén Albés, xa posto en modo "susto ou trato".

Rubén Albés, adestrador do Lugo: "Pasan cousas especiais, imprevisibles. É coma un thriller que nunca sabes quen é o asasino pero aparece algún por alí"

As Palmas vén lanzado despois de gañarlle o derbi ó Tenerife e tamén cun día máis de descanso. O Lugo sae igualmente prexudicado con respecto ó Málaga, o rival do sábado.

Albés: "Contra o Málaga xa é unha tolemia. Temos unha viaxe moi longa cun día menos de recuperación que o rival. Para algunhas cousas somos a hostia pero para outras parece que nos ven moi pequeniños"

Albés declárase contrario ás rotacións pero fará cambios. O Lugo vai recuperando lesionados. Óscar Whalley xa se deixa ver polo céspede do Anxo Carro. Aínda é evidente a vendaxe no dedo fracturado, pero o porteiro está máis cerca de volver.

Noticias web

19/10/2021