Alberto Rocha: "Este ano calculamos unhas perdas dun 40% no téxtil"
Un dos sectores que se prevé que o vai pasar mal na volta é o téxtil. Parece claro que a volta vai esixir cambios por parte do comercio, pero tamén da clientela.
Alberto Rocha é o secretario xeral do Clúster do Téxtil Galego: "Este ano calculamos unhas perdas dun 40% de facturación. Practicamente todas as medianas e pequenas empresas van estar en perdas. Vaise vender un 40% menos e, ademais, a prezos rebaixados".
"Temos que ir con moita cautela. As previsións son bastante preocupantes. Haberá algúns que non poidan volver abrir. A maioría están anulando xa os pedidos do próximo inverno".
"Posiblemente o comportamento do consumidor tamén mude. Antes adoitabamos probar pezas que xa foran probadas por outras persoas. Van acrecentar as vendas por Internet porque son pezas novas. Tamén aumentará a tecnoloxía de probadores virtuais".