Alberto Monteagudo di que o Lugo ten que ser intenso co líder
Publicado o 05/04/2019 18:19
E o Lugo recibe o domingo o Osasuna, o líder sólido da categoría. Un partido importante para os dous equipos.
Algúns aínda lembran o acontecido na primera volta, cando o Lugo dominou o partido en Pamplona desaproveitando claras ocasións de gol. Pero Osasuna levou os tres puntos cun gol de Íñigo Pérez no minuto 89. O Lugo só ten tres puntos de marxe sobre o descenso. Derrotar o líder sería un chanzo moi importante.
Alberto Monteagudo, adestrador do Club Deportivo Lugo.
"É un equipo para ser intenso e errar pouco. Pero se concedes e non es intenso, ao final os que gañan son eles e os que ascenden".