Albert Rivera promete rebaixas fiscais para loitar contra a despoboación
Publicado o 24/03/2019 14:39
O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, prometeu unha serie de medidas fiscais se chega á presidencia do Goberno, como a rebaixa dun 60 por cento do IRPF nos municipios de menos de 5.000 habitantes para evitar a despoboación.
Pediu un debate con Pedro Sánchez, ao que acusou de abandonar o constitucionalismo e defendeu que a liberdade e a igualdade serán dous dos piares do seu programa de Goberno, baseado en grandes pactos de Estado.