Albert Rivera permanece ingresado por unha gastroenterite aguda, que podería ser salmonela
Publicado o 10/07/2019 20:01

Albert Rivera ingresou hoxe nun hospital madrileño por unha gastroenterite aguda. O líder de Ciudadanos podería ter salmonela, e debe permanecer ingresado para garantir hidratación e antibioterapia intravenosa, segundo o parte médico facilitado polo seu partido. O tempo de ingreso virá dado pola evolución clínica do doente. A súa última aparición pública tivo lugar este martes no Congreso, cando ofreceu unha conferencia de prensa.