Albert Oliver renova co Obradoiro ata o final da temporada
Publicado o 14/11/2020 14:50
A este equipo e a este adestrador traenos de cabeza os nocellos. Porque por un leva Daum unha xornadas fóra, por un vai estar un par de semanas sen xogar Birutis e por un é dúbida Enoch. O resto, previsores, toman notan. Á visita a Vitoria chega logo de dúas derrotas e vén marcada por esas lesións dos interiores. Situación preocupante , pero Obradoiro conta cun alquimista
A solución pasará por reconverter a Cerápovic e a Muñoz e agardar que os exteriores teñan un bo dia, moi bo se cadra, se un pensa que enfronte estará Basconia, actual campión de Liga.
Coa expedición galega viaxou Kartal Ozmizrak, o base turco. E tamén Oliver ao que mañá se lle acababa o contrato, pero vén de ser renovado ata final de temporada.