Aketxe recoñece que a posibilidade do descenso é unha realidade, pero confía no equipo
Publicado o 04/12/2019 16:29
Por Riazor pasa unha parte das opción do Deportivo de salvarse. Comezando coa visita do Zaragoza. O centrocampista Aketxe recoñecía esta mañá que a posibilidade de descenso é unha realidade. Que o Deportivo está na metade do campionato con doce puntos. Pero confía no vestiario e na reacción.