Aínda non hai acordo definitivo para o segundo plan de rescate á hostalería
Publicado o 27/01/2021 23:06
Rematou a reunión entre a Xunta, as deputacións e os concellos para deseñaren ese segundo plan de rescate á hostalería. Parece que hai avances, pero non aínda un acordo definitivo.
Emprázanse a este venres ás cinco e media da tarde para desbloquear definitivamente esta negociación.
O sector demanda maior axilidade e eficacia na xestión deses fondos.