CRTVG

Buscar

Agustín Hernández dille adeus á política e deixa o PP de Santiago en mans dunha xestora

Publicado o 03/09/2019 15:36

Agustín Hernández despídese do Concello de Santiago para asumir a presidencia do Consello Económico e Social. Alejandro Sánchez-Brunete queda como voceiro do grupo popular e unha xestora encargarase da agrupación ata ter novo presidente.

Hernández anunciou que por mor da súa nova responsabilidade renunciaba a todos os seus cargos. Tamén se dá de baixa como militante do Partido Popular. Fala de adeus á política: "Despois de dez anos de militancia, agora toca unha nova etapa ao servizo dos galegos, e agardo estar á altura do que agardan de min as persoas que confiaron".

Noticias web

03/09/2019