CRTVG

Buscar

Miles de agricultores e gandeiros marchan cara a Madrid, fartos de vender por debaixo dos custos de produción

Publicado o 05/02/2020 08:21

• Ás 11:30 horas concéntranse diante do ministerio de Agricultura

• O ministro reúnese mañá cos produtores de oliva

Miles de agricultores e gandeiros marchan cara a Madrid, fartos de vender por debaixo dos custos de produción, segundo denuncian. Ao berro de "Os agricultores, ao límite", ás 11:30 horas concéntranse diante do ministerio de Agricultura. Onte, as protestas máis numerosas, a pé e en tractor, foron as de Castela-A Mancha. Reclaman unha política de prezos xustos e que se valore o agro. 

O Goberno estuda reformar a Lei da cadea alimentaria de 2013 para combater as prácticas de competencia desleal e as vendas a perdas.

"Estou convencido de que a distribución será sensible ao problema porque a evolución do pensamento da opinión pública o é", di o ministro Luis Planas. "O problema é de prezos, de marxes".

O ministro reúnese o xoves cos produtores de oliva. Mentres non haxa medidas concretas, o calendario de mobilizacións continúa. Para a semana que vén, as protestas serán en Murcia e Andalucía.

Noticias web

05/02/2020