A Real Filharmonía de Galicia fai un agradecemento a todos os que traballan contra o coronavirus
Publicado o 23/04/2020 12:44
A Real Filharmonía de Galicia mantén suspendidos os seus concertos debido á crise do coronavirus. Unha paréntese musical que aproveitan para lanzar unha mensaxe de agradecemento.
Paul Daniel, Direcoor da Real Filharmonía de Galicia, di que tanto os músicos como o resto de persoal que integra a formación queren dar as grazas aos heroes que cada día traballan para axudar a toda a sociedade a superar esta situación.
Un vídeo con espírito solidario no que as palabras do director artístico da orquestra, o mestre británico Paul Daniel, están arroupadas polas numerosas mensaxes dos membros da formación. Pequenos carteis con grande significado para lembrar a importancia dos que cada día traballan na loita contra a pandemia.