Agosto comeza con chuvia e tempo inestable
Publicado o 05/08/2021 15:20
Xa está a piques de rematar a primeira semana do mes de agosto e semella que o verán segue sen facer acto de presenza.
O mes de xullo foi un dos máis fríos dos últimos dez anos e estes primeiros días de agosto non houbo unha gran melloría. A chuvia, as nubes e o tempo desapracible acompañáronnos toda a semana, pero as previsión apuntan que pode haber un cambio de tendencia a partir da próxima semana, que xa se empezará a notar a chegada do anticiclón dos Azores, que fará que suban as temperaturas e que o ceo estea máis despexados. Así e todo, semella que á xente non lle desgusta este tempo máis propio do outono que do verán.