CRTVG

Buscar

A Feira da Arte Galega reúne na Coruña 1.500 obras orixinais de corenta artistas

Publicado o 05/01/2020 19:01

Diferentes estilos e formatos conviven nesta galería que busca servir de escaparate para novos creadores e que nos convida a agasallar arte polo Nadal. Nesta feira hai obras tan dispares de artistas tan diferentes que resulta imposible non quedar prendado de polo menos unha peza.

Desde hai doce anos, Manuel Villarino asume a tarefa titánica de reunir o traballo de creadores consagrados e de novos talentos neste espazo que premia a valentía de quen asume o reto de vivir da arte.

Manuel Villarino. Organizador da Feira da Arte Galega: "Vexo que é un empurrón que lles dás. Rematan Belas Artes ou levan anos pintando e é unha mágoa que non teñan onde expoñer porque as galerías, como aínda non teñen nome, non expoñen".

Hai obras a prezos asumibles. As máis económicas véndense a cincuenta euros. Esta edición da Feira da Arte Galega réndelle unha homenaxe a un dos grandes da pintura galega, que nos deixou no mes de abril.

Manuel Villarino. Organizador da Feira da Arte Galega: "Este ano dedicámoslla ao mestre, a Alfonso Abelenda, que é todo un exemplo e deixu o listón altísimo. É unha perda irreparable para a arte a súa morte e tamén as de Peteiro, Xaime Cabanas, Chelín, Lugrís". 

Arte para agasallar ou para agasallarnos este Nadal. A feira estará no hotel Hesperia da Coruña ata a véspera de Reis.

 

Noticias web

05/01/2020