O incendio de Cualedro afecta a dúas vivendas e deixa 550 hectáreas calcinadas
Publicado o 14/09/2020 06:15
Situación preocupante é a que se viviu esta noite en Cualedro, cun incendio que, segundo a última actualización, arrasou 550 hectáreas.
Declarouse a situación dúas de emerxencia, logo de que as lapas se achegasen a núcleos de poboación. O zona máis afectada polo incendio foi a aldea de Carzoá, onde arderon catro casas, dúas delas habitadas. A situación agravouse por mor do vento forte e cambiante.
A UME está colaborando na extinción. E ata a zona desprazouse tamén o conselleiro do Medio Rural para coordinar o operativo.