Agárdase un Nadal con limitacións
Publicado o 14/10/2020 15:33
Calquera outro ano pais, nais, fillos, avós, cuñados e primos estarían xa pensando en como afrontar reunións familiares coma esta. Pero este 2020 está chamado a ser diferente, tamén no Nadal.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, xa advertiu que pode haber limitacións.
Os máis preocupados son os hostaleiros. Coas ceas de empresa e as festas de Aninovo practicamente descartadas, pensan en opcións personalizadas.
Tamén están no aire as cabalgatas de Reis. As súas maxestades terán que botar man da súa maxia para chegar a todos os nenos fuxindo das aglomeracións.