CRTVG

Buscar

Agardan unha boa ocupación hoteleira para a ponte do Pilar

Publicado o 29/09/2021 21:01

Achégase unha data das sinaladas para o turismo, a ponte do Pilar. Pouco a pouco comeza a medrar a ocupación nos hoteis, pero desta volta as reservas van máis lentas. Nun hotel Lugo, con 70 cuartos, din que aínda é cedo e cren que as reservas irán mellorando.

Sinalan que a xente ten gana de saír e viaxar e os establecementos máis pequenos xa van enchendo os seus cuartos.

Teñen optimismo e o bo sabor de boca dun verán que foi moi bo para eles.

O tempo nunha ou outra cidade tamén será clave á hora de reservar para a ponte festiva.

Noticias web

29/09/2021