Afúndese un pesqueiro en Alacante debido a un incendio
Publicado o 06/08/2020 13:30
Un pesqueiro foi a pique despois de sufrir un incendio esta madrugada preto da Vila Joiosa, en Alacante. Os catro tripulantes do barco botáronse ao mar nun bote salvavidas e foron rescatados sans e salvos por outra embarcación que pescaba na zona.
Unha lancha de Salvamento Marítimo desprazouse ata o lugar do sinistro, a dúas millas de distancia da costa, para intentar sufocar o incendio, aínda que, finalmente, o pesqueiro afundiuse.