Afúndese o catamarán turístico da Deputación de Lugo
Publicado o 20/12/2019 15:19
Aparece afundido o catamarán turístico da Deputación provincial de Lugo no río Miño. A embarcación xa estaba visiblemente escorada e en mal estado antes da chegada da borrasca. A institución provincial anunciara que ía retiralo, pero non se chegou a facer. Os populares criticaron en varias ocasións o estado de abandono da embarcación turística.