CRTVG

Buscar

Afastan da costa da Coruña un contedor ao garete

Publicado o 09/02/2020 21:39

O mal estado do mar achegou hoxe ata a costa da Coruña, nas proximidades da torre de Hércules, este contedor de gran tamaño, que estaba ao garete.

Un pesqueiro afastouno mar a fóra para evitar que impactase contra as rochas. Probablemente, formaba parte da carga perdida por un mercante que transitou pola Costa da Morte, hai tres semanas, como consecuencia das malas condicións meteorolóxicas que deixou ao seu paso a borrasca Brendan.

 

Noticias web

09/02/2020