Adxudican as obras de reforma do edificio da praza de abastos de Ourense
Publicado o 21/11/2019 14:44
A reforma do edificio da praza de abastos de Ourense vai ser unha realidade en ano e medio. É o prazo que manexa o Goberno municipal de Democracia Ourensana e o PP, que acaban de aprobar a adxudicación desta obra. Finánciaa Fomento a cargo do 1,5 por cento cultural.
Satisfacción entre os comerciantes da praza, trasladados provisionalmente desde hai 18 meses á Alameda. Din que levan 25 anos agardando por esta obra.
Por agora a zona do rianxo quedará fóra da reforma, algo que seguen a reclamar os praceiros.