CRTVG

Buscar

Advírtenlle á Xunta que a reapertura xeneralizada da pesca fluvial podería ser ilegal

Publicado o 07/05/2020 21:54

Con todo preparado para o inicio da tempada de pesca fluvial o pasado 15 de marzo, o estado de alarma decretado só un día antes obrigou a Xunta a desactivar a apertura da veda e deixou na casa os 40.000 pescadores con licenza que hai en Galicia.

Malia que o plan de desescalada do Goberno central prevé deixar a caza e pesca para a fase dúas, o Goberno da Xunta permite xa que os pescadores volvan aos ríos amparándose nas ordes do executivo central que regulan a práctica do deporte individual e do profesional e federado.

Como calquera outro deporte, os pescadores están tamén sometidos ás restricións que marca o estado de alarma. Respetando as distancias, poden pescar só dentro do municipio e sen usar ningún medio de transporte. Ademais deben facelo nas franxas horarias que lles corresponden por idade.

Isto non implica, din, non ir pescar senón desfrutar da pesca, pero devolver o peixe ao río. A repertura chega en todo caso con polémica. Hoxe mesmo a federación galega de pesca e os colectivos ecoloxistas Adega e Ríos con Vida dirixíronse a Delegación do Goberno en Galicia para consultar a legalidade desta reapertura, que consideran que pode contravir o plan de desconfinamento do Goberno Central.







 

Noticias web

07/05/2020