CRTVG

Buscar

Agresións a sanitarios: "Bótanlle a culpa dos atrasos a quen teñen diante"

Publicado o 30/08/2021 09:31

Manuel Rodríguez, do sindicato Omega, explica que a presión aumentou sobre o persoal da Administración

A pandemia trouxo un aumento das agresións en forma de insultos e ameazas especialmente ás medicas de Atención Primaria. O último exemplo tivémolo en Vigo o pasado venres. Unha muller foi detida por guindarlle unha cadeira a unha doutora que a estaba a atender.

Manuel Rodríguez, voceiro do sindicato Omega, di que as agresión verbais son moi frecuentes. Non hai un perfil claro, vai dende novos a maiores. "Bótanlle a culpa da situación que estamos a vivir, das listas de espera, dos atrasos na atención ao profesional que teñen diante", asegura. "A presión creceu sobre o persoal administrativo coa saturación dos centros de saúde", advirte.

"A maior parte das agresións verbais non se denuncian", explica. "Só as que van con certo nivel de violencia".. 

"No Sergas estamos nun déficit de persoal notable, sobre todo, de facultativos", asegura Rodríguez, quen explica que teñen mellores condicións laborais fóra.  

 

 

 

Noticias web

30/08/2021