CRTVG

Buscar

Advirten das dificultades para instalar puntos de recarga nos garaxes comunitarios

Publicado o 13/05/2021 21:28

En toda España hai oito mil electrolineiras, puntos públicos de recarga de coches eléctricos e híbridos enchufables. Pero non son dabondo. Calculan os expertos que  España precisaría multiplicar por dezaseis o actual número de puntos públicos de recarga para poder dar servizo a futuro a estos vehículos libres de emisións. Outro reto por resolver é o dos puntos de recarga privados.

Os administradores de fincas advirten de que as comunidades de propietarios non están preparados para asumir a recarga dos coches electrificados. Un particular pode instalar un cargador para o seu vehículo na súa praza de garaxe, para uso privado, asumindo o custo do cableado ata o seu contador e pagando despois o consumo. Nos edificios con cinco anos ou menos, a instalación é sinxela, pode ser cuestión de días e oscila entre os mil e os dous mil euros. Pero nos edificios máis vellos, a instalación dependerá de elementos comúns que, seguramente, sexa preciso modificar. Os administradores de fincas comentan que están aumentando as consultas de propietarios sobre as opcións para instalar cargadores.

Para impulsar a utilización do coche eléctrico, o goberno acaba de anunciar unha achega de 13.200 millóns de euros para o desenvolvemento de infraestruturas. Con este motivo o colexio da Administradores de fincas de Galicia anticipa os posibles problemas para poder adaptar os garaxes de edificios antigos á chegada destes vehículos recargables dun xeito eficiente"Un proxecto no que se vexa que é o que teñen e que é o que necesitan dun xeito colectivo porque tamén estmaos a falar de eficiencia enerxética co cal, se cada un pon o seu enchufe a eficiencia, onde está?", di Carmela Lavandeira, vicepresidenta Primeira do Colexio de Adminstradores de Fincas de Galicia 

Os adminsitradores de fincas sinalan tamén que hai que facer un traballo importante para concienciar á xente , explicarlle o que supón e o que custa esta instalación, ante un futuro que xa está aquí "Isto é xa. Ti pensa que hia concesionarios con moitos vehículos que están a piques de vendelos e que non os dan vendido porque moitas veces os propietarios cando van comprar non saben que comprar, non saben se na súa praza poden ter un enchufe e veñen preguntarte mira como fago, se copro un coche destes vou poder oun non vou poder poñer enchufe..."

Os administradores de fincas calculan que a obra para intalar a recarga par un só vehículo oscila entre os 1.200 e os 1.500 euros.

Noticias web

13/05/2021