CRTVG

Buscar

Adriana Lastra di que Pablo Casado conseguiu retratarse na convención do PP

Publicado o 03/10/2021 14:12

A vicesecretaria do PSOE, Adriana Lastra, asegura que o presidente do Partido Popular, Pablo Casado, conseguiu retratarse na convención nacional do seu partido.

"A verdade é que se retratou diante de todos os españois e o resto do mundo. Dedicaron a convención a anunciar que recortarán as pensións se gobernan, a insultar os países irmáns latinoamericanos, os ecoloxistas, as feministas, os sindicatos, os traballadores e ata o Papa. Non lles quedou ninguén", salienta.

Noticias web

03/10/2021