CRTVG

Buscar

Adriana Domínguez asegura que todas as tendas de Adolfo Domínguez son rendibles

Publicado o 07/10/2019 15:22

Adriana Domínguez colleu o temón de Adolfo Domínguez hai pouco máis de dous anos tendo moi claro que a compañía precisaba cambios. "Unha marca coma a nosa, que leva máis de 40 anos no mercado, precisa un refresco, precisa unha actualización para ser atractiva para as novas xeracións", explica a conselleira delegada da compañía.

Comezou por detectar que a rede de tendas era excesiva e fixo un reaxuste: pechou algunhas e resituou outras para racionalizar custos. "Isto significou un cambio tamén do peso do internacional con respecto ao nacional, e agora o 52 por cento da rede de tendas está fóra de España".  Por exemplo, 144 puntos de venda en México, 21 tendas no Xapón.

E a iso hai que engadir un perceptible crecemento nos datos da compañía. 

"Neste momento todas as tendas que temos son rendibles. É un exercicio que imos manter. Agora, cara a onde crecerá o futuro? Creo que, evidentemente, a tenda en liña é una pata fundamental da empresa. O ano pasado representou un cremento do 70,1 por cento".

Entre as novidades, xa traballan na maneira de ofrecer un servizo de asistentes de compra na web, dependentes que recomenden a cada cliente que escoller, igual que se fai na tenda física.

 

 

 

Noticias web

07/10/2019