CRTVG

Buscar

Adriana Cerezo, prata en taekwondo, primeira medalla para España

Publicado o 24/07/2021 14:45
Adriana Cerezo, prata en taekwondo, primeira medalla para España

A taekwondista de só 17 anos Adriana Cerezo Iglesias conseguiu a prata en taekwondo (-49 kg) logo de perder a final nun combate moi emocionante diante da número 1 do mundo, a tailandesa Panipak Wongpattanakit. 

Cerezo dominou o primeiro asalto (4-2) pero viuse superada no segundo (6-9). No terceiro remontou e tiña o ouro no peto ata que unha manobra da tailandesa a sete segundos do final lle quitou a primeira posición. 

A traxectoria de Cerezo foi extraordinaria, gañou nos cuartos de final á dobre campioa olímpica Jingyu Wu por 33-2 e en semifinais á turca Yildirim por 39-19.