CRTVG

Buscar

Adrián Torrado, con parálise cerebral, consegue andar coa axuda do seu mestre de educación física

Publicado o 17/08/2021 18:03

Adrián Torrado nunca chegara a andar porque unha meninxite precoz provocoulle parálise cerebral con moitas repercusión na sua mobilidade.

Á escola foi sempre na súa cadeira de rodas e así empezou tamén no ano 2000 a sua etapa no instituto Maximino Romero de Lema de Baio. Sempre estivera exento da materia de educación física, pero aquí adaptaron os contidos para que Adrián puidese integrarse e propuxéronlle ademais un programa de estimulación especial para mellorar a sua condición física. Grazas ao empeño que Adrián poñía día a día nos seus adestramentos na hora do recreo, houbo unha grande evolución. 

Ao cabo de 5 anos Adrián logrou poñerse en pé e abandonar a cadeira de rodas. Desde entón camiña con andador, un avance que para el é o equivalente a un récord olímpico.

Agora, amais de gozar do seu logro, Adrián e o equipo do Instituto Romero de Lema están dispostos a apoiar coa súa experiencia a calquera que se anime a intentar avanzar por este camiño.

Noticias web

17/08/2021