Adrián Ben regálase un meritorio quinto posto no seu aniversario
EFE
EFE
O galego Adrián Ben, primeiro español que competía nunha final olímpica de 800 metros, regalouse un glorioso quinto posto o día en que facía 23 anos, nunha final que proclamou terminou con dobrete kenyano.
Emmanuel Korir (1.45.06) e Ferguson Rotich (1:45.23) chegaron por diante do polaco Patryk Dobek (1:45.39), o australiano Peter Bol (1:45.92) e Adrián Ben (1:45.96).
O atleta de Viveiro lograra xa un fito histórico ao meterse na final. Como na súa semifinal, estaba a cola do grupo cando apenas percorrera 200 metros, pero no 400 (53.76) progresou dous postos. Ao saír da curva chegou a poñerse á altura do cuarto, e no esprinte, que se lle fixo longo, só cedeu unha praza para terminar nun maxestoso quinto posto con 1:45.96.
Nos Mundiais de Doha 2019 Adrián Ben xa fixo historia ao ser o primeiro ochocentista español nunha final desde que o estivo Tomás de Teresa, neste mesmo estadio de Tokyo, hai 30 anos.
Tensión e celebración en Viveiro
Era un momento histórico e os seus veciños querían estar aí, acompañando a Adrián no seu soño olímpico. Ilusión e orgullo de todo un pobo que seguiu a final do atleta dende estas pantallas instaladas polo Concello.
Un día para lembrar, e non é para menos, a carreira da súa vida chegaba para Adrián Ben o día do seu 23 aniversario, o finalista máis novo e o primeiro atleta español en competir nunha final olímpica dos 800 metros lisos. Non hai mellor agasallo. Os seus aniversarios xa non volverán ser coma antes.
Adrian acabou quinto, un posto que sabe a podio. O nome de Adrián Ben xa figura na historia do atletismo español e tamén no título de fillo predilecto que lle outorgará o concello de Viveiro á súa volta de Tokyo.