CRTVG

Buscar

Adrián Ben: "Que a xente de Viveiro goce da miña paixón faime máis feliz que calquera medalla ou título"

Publicado o 11/08/2021 11:19

Hoxe sacámoslle un sorriso a Adrián Ben. O vídeo de seus pais e todo Viveiro animándoo, mentres competía na final de Toquio, será un recordo que nunca esquecerá: "Que a xente de Viveiro goce da miña paixón faime máis feliz que calquera medalla ou título", dixo Adrián Ben.

O adxectivo conformista non o describe. Quere máis, non só nos 800, que tantas alegrías lle está dando. O seu obxectivo é triunfar nos 1.500.

"Os 1.500 parece que se me están atragoando un pouco, pero de cara a un futuro é seguro que subiremos aos 1.500", confirmou o deportista viveirense.

E como non, quere subir ao podio e poder dicir que é campión olímpico: "É bastante ambicioso, pero soños fáciles e conformarme agora con quedar quinto sería como...", comentou Ben.

Veremos o que sucede dentro de tres anos, pero está claro que, aos seus 23 anos, Toquio foi só o comezo. 

Noticias web

11/08/2021