CRTVG

Buscar

Adrián Ben e Ana Peleteiro triunfan en Xetafe e ilusionan para Toquio

Publicado o 28/06/2021 13:51

O viveirense gañou o Campionato de España de 800 m; Peleteiro acadou o seu quinto título en triplo salto ao aire libre

Quinto título en triplo salto ao aire libre para Ana Peleteiro. A ribeirense saltou catorce sesenta e un, mellor marca persoal e a oitava do mundo esta temporada.

E confesa Ana Peleteiro que sen público non rende tanto, que necesita o cariño da xente como lle sucede nas grandes competicións.

E ademais,  Adrián Ben gañou o Campionato de España de 800 metros. Foi en Xetafe e a súa presenza en Toquio está garantida.

 

Noticias web

28/06/2021