CRTVG

Buscar

Adrián Ben acada a clasificación para as semifinais dos 800 metros

Publicado o 31/07/2021 06:13
Adrián Ben acada a clasificación para as semifinais dos 800 metros

Adrián Ben comezou do mellor xeito a súa participación nos Xogos Olímpicos. Nunha durísima proba clasificatoria fixo o terceiro (e último) tempo que dá acceso ás semifinais que comezarán mañá ás 13:25 (hora galega). 

Foron seis os atletas que entraron no mesmo segundo (1:45) e o viveirense nun gran esprinte final puido meter o corpo xusto por detrás de Amos e Saruni e unha décima máis rápido que o australiano Riseley, que quedou fóra da seguinte rolda. 

Ben precisa estar nas súas mellores marcas. Competirá na segunda semifinal xunto a atletas como Marco Arop ou Clayton Murphy, que este ano correron por debaixo do 1:44.