CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez reduce as perdas un 32,7% entre marzo e novembro de 2019

Publicado o 10/01/2020 12:22

Adolfo Domínguez segue en números vermellos, pero menos. Entre marzo e novembro tivo unhas perdas de dous millóns, o que supón un recorte dun 32,7% respecto ao mesmo período do ano anterior.

As vendas totais sumaron 76,6 millóns e aumentaron nos 22 países en que operan, segundo informou a empresa. Ademais, nestes meses abriron novas tendas en México, España, Portugal, A China e Rusia. En total teñen case 400 puntos de venda.

En España, as vendas da firma galega medraron un 3,5%, dous puntos por riba da media do sector.


 

Noticias web

10/01/2020