CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez rebaixa en preto de cen os despedimentos previstos no ere

Publicado o 14/05/2021 12:56
Adolfo Domínguez rebaixa en preto de cen os despedimentos previstos no ere

Adolfo Domínguez rebaixa en preto de cen os despedimentos previstos no novo ere, o terceiro que presenta a empresa nos últimos seis anos.

Empresa e sindicatos chegaron a un acordo, de última hora, polo que o trinta de xuño se formalizará o despedimento de douscentos catro traballadores. Case que a metade son de Ourense, da planta de San Cibrao das Viñas. Haberá, ademais, cincuenta e cinco prexubilacións. 

Noticias web

14/05/2021