CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez incrementa as vendas tras a súa volta ás orixes

Publicado o 15/01/2021 11:37

A volta ás orixes da téxtil galega Adolfo Domínguez comeza a dar resultados. No último ano incrementou nun 10 por cento as súas vendas en tenda e nun 70 por cento as súas vendas en liña.

A firma de moda gravaba estes días en Lugo a presentación da súa nova colección primavera-verán. Deseños inspirados no concepto xaponés do Wabi Sabi, que busca a beleza na imperfección, pero sen perder o vínculo coa terra por iso a marca elixiu como escenario o Museo Interactivo da Historia de Lugo.

En tres anos conseguiron pasar de 15 millóns de perdas a un millón de beneficio operativo positivo. Adolfo Domínguez conta neste intre con preto de 400 tendas en máis de 20 países e arredor de 1.400 traballadores.

Noticias web

15/01/2021