CRTVG

Buscar

Adolescentes atacan a tiros unha escola do Brasil e deixan dez mortos

Publicado o 13/03/2019 17:37

Dez mortos e dez feridos no tiroteo nunha escola pública de secundaria de Suzano, na rexión metropolitana de São Paulo. Morreron polo menos cinco adolescentes dentro da escola secundaria, un empregado da institución e os dous autores dos disparos, que se suiciron nos corredoiros do local. Os outros dous mortos faleceron camiño do hospital.

A Policía Militarizada explicou que "dous encapuchados, aparentemente dous adolescentes" entraron esta mañá na escola Raúl Brasil, a uns 60 quilómetros da capital paulista, e "efectuaron varios disparos". Os agresores feriron de bala un propietario dun comercio local, quen foi ingresado nun hospital da rexión en estado grave. As autoridades aínda non confirmaron as razóns do ataque nin as identidades dos estudantes asasinados, pero informaron de que teñen idades de entre 15 e 17 anos. Os asaltantes suicidáronse tras efectuar múltiples disparos. 

Noticias web

13/03/2019