CRTVG

Buscar

Admiran na Coruña o buque escola noruegués Statsraad Lehmkuhl que estuda o cambio climático nos océanos

Publicado o 28/08/2021 22:03

----

A cancelación da Regata de Grandes Veleiros na que ían participar non mudou os plans de varias barcos que estes días locen no porto da Coruña. Mantiveron a escala prevista na cidade buques escola como o bilbaíno Atyla ou o noruegués Statsraad Lehmkuhl, que foi o que concentrou maior atención. 98 metros de eslora. Construído en 1914. Máis dun século izando velas.

É posible embarcar neste buque escola. Porque en cada escala muda parte da pasaxe. Eles chegaban así esta mañá, en medio dunha mesta néboa desembarcaban na Coruña. E a media tarde, enrolábanse previa proba de covid novos pasaxeiros. Que non són só iso. Viaxan para aprender. Sobre vela tradicional e tamén sobre o ecosistema mariño. É é que este barco forma parte da expedición One Ocean, auspiciada polo goberno noruegués para estudar os océanos. Vixan científicos, e expertos equipados con tecnoloxía científica de última xeración.

O capitán do "Statsraad Liehmkuhl", Jens Joachim Hiorth, comenta que o principal obxectivo da viaxe e chamar a atención dos retos que o mundo afronta ante o cambio climático, e especialmente o rol que xogan os océanos ao respecto.

Discúlpase por non vestir uniforme con galóns xa que está fóra de servizo. Gozando tamén da primeira escala en terra despois da travesía dende Noruega. A expedición ten por diante vinte meses de navegación ao redor do mundo nos que visitará 36 portos.

 

Noticias web

28/08/2021