CRTVG

Buscar

O Adif rematou os ensaios de carga nos viadutos entre Pedralba e Ourense

Publicado o 29/03/2021 18:47

Avanzan as probas de seguridade das vías do AVE, previas á súa apertura. Estes días, o Adif rematou os ensaios de carga nos viadutos entre Pedralba e Ourense.

O tramo, de 119 quilómetros, é o único que queda para completar a chegada da alta velocidade a Galicia, prevista para o segundo semestre do ano. Nas próximas semanas empezarán a circular os trens laboratorio que supervisan a rede de alta velocidade para garantir a súa calidade e seguridade.

Noticias web

29/03/2021