CRTVG

Buscar

Adif proba a liña do AVE en Ourense

Publicado o 13/04/2021 14:28
Adif proba a liña do AVE en Ourense

A liña do AVE en Ourense xa están en probas. O tren laboratorio Séneca de ADIF percorre desde esta mañá os 100 quilómetros entre Pedralba de la Pradería, en Zamora, e Taboadela, onde remata a electrificación da vía, para verificar o estado da liña.

Previamente, xa realizaran probas co modelo BT, unha locomotora diésel que examinou a infraestrutura. O Séneca, un tren eléctrico que alcanza máis de 300 quilómetros por hora, avalía tamén a catenaria e o sistema ERTMS de seguridade. Segundo avanzaron desde ADIF, a posta en funcionamento da liña está prevista para o segundo semestre do ano.


 

Noticias web

13/04/2021